Sobre

ORIGAMI de Carlos Be, o Premio Born traducido por vez primeira ao galego....

[...] a nómina de autores publicados non ten fronteiras e a dramaturgos en lingua castelá tan significativos como Juan Mayorga, Iztiar Pascual, Ernesto Caballero, Jerónimo López Mozo, Pomba Pedrero, José Ramón Fernández, Elena Cánovas, Yolanda Pallín ou o mejicano Jaime Chabaud engádense os de lingua francesa como Michel Azama ou croata como Asja Srnec.
Aquí é necesario citar o acordo da RGT co Cercle Artistic de Ciutadella de Menorca, entidade que convoca anualmente o Premi Born de Teatre. Por medio deste acordo o Premio Born foi traducido por vez primeira ao galego na XXXI edición de 2006 gañada por Carlos Be con ORIGAMI e tamén o van ser os gañadores de futuras convocatorias.
O Premi Born será deste xeito o único premio de teatro que apareza traducido a tres das catro linguas do estado español: en galego, en catalán e en castelán. Esta circunstancia é sen dúbida un valor engadido para un galardón que xa está considerado como un dos máis prestixiosos [...]

Antón Lamapereira, Revista Galega de Teatro

¿Quieres compartirlo?

0 Comentarios